¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.


A economía social ten moito que contar: así nace #esSocial

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
  • Historias reais que demostran que a economía social xa é presente

Desde Abeluria lanzamos #esSocial, un proxecto dixital que busca facer visible algo que xa está a pasar: a economía social está a transformar o noso día a día, desde o local e en comunidade.

Queremos dar voz a mulleres, mozas e colectivos diversos que están a construir outra maneira de entender a economía, máis humana, máis sostible e máis xusta. E facémolo apostando polos formatos accesibles e dixitais: entrevistas audiovisuais, contidos pensados para Instagram, TikTok e YouTube… Queremos chegar, sobre todo, á mocidade, amosándolle que outra maneira de emprender, traballar e consumir é posible e real.

En tempos de desigualdades crecente, crise climática e precariedade, #esSocial pon o foco no que si está a funcionar. Historias que, aínda que non saian sempre nas portadas, constrúen futuro dende o presente. Porque a economía social non é unha promesa; é unha realidade que xa está en marcha.

Neste espazo recollemos experiencias de cooperativas, empresas de inserción, centros especiais de emprego ou sociedades laborais, todas cunha raíz común: poñer ás persoas no centro, fortalecer o tecido comunitario e apostar pola inclusión e a equidade.

Desde Abeluria, sabemos que crear comunidade é fundamental. Con #esSocial queremos inspirar, conectar e fortalecer redes. Queremos que calquera persoa nova vexa que hai outra forma de facer empresa e de vivir, e que atope referentes nos que recoñecerse.

#esSocial xa está activo nas redes, e podes seguirnos en Instagram, TikTok e YouTube. Únete á conversa co hashtag #esSocial!

Este proxecto é posible grazas ao apoio do PERTE de Economía Social e dos Coidados, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar